top of page

O Antigo Réxime e a Ilustración

BILL  OF  RIGHTS, 1689

 -Que son?  É un documento redactado polo novo Parlamento de Gran Bretañatras a huída do rei Xacobe II a Francia,e recorda as obrigacións e os deberes respectivos do rei e do Parlamento.

 -Quen os fai?  Esta declaración foi escrita polos Lores espirituais e temporales e os comúns reunidos en Westminster, representando legal, plena e libremente a todos os estamentos do pobo. Estes, llelos presentaron aos príncipes Guillermo e María de Orange, os que a firmaron.

 -Para que? Para que Guillermo de Orange puidera suceder a Xacobe II, para recuperar e fortalecer certas facultades parlamentarias xa desaparecidas ou notoriamente mermadas durante o reinado absolutista dos Estuardo e, principalmente, para quitarlle poder ao rei.

 -Que significou? Fixo que o parlamento limitara os poderes da nobreza, e en canto á Igrexa, promulga a Toleration Act, que concede a liberdade relixiosaaos católicos e protestantes, a liberdade de culto público, o dereito a abrir escolas e o acceso a todas as funcións públicas.

Compara/Contrasta: Sistemas Políticos

Prov. Unidas

Gran Bretaña

Francia

Monarquía parlamentaria británica.

Monarquía absolutista.

República parlamentaria.

Declaración de dereitos

"Bill of Rights"

O monarca era rei por dereito divino.

Os Países Baixos inde-

pendízanse da Monarquía Hispánica.

Segue existindo unha 

monarquía pero o Par-

lamento ten amplos poderes.

O monarquía exercía todos os poderes do Estado.

A monarquía é sustituída por unha xefatura de Estado Electiva.

No Parlamento están representados os tres estados da sociedade.

A sociedade apenas ten voz nin voto.

Ao igual que Inglaterra, no Parlamento represéntanse os tres estados.

Realízanse eleccións libres.

O poder é herditario.

Lévanse a cabo eleccións libres.

Hai un monarca mais o Parlamento.

Só goberna o monarca.

Goberna o xefe do Estado e o Parlamento.

PALABRAS CLAVE:

Idade Moderna.-  

 Período histórico, posterior á Idade Media e anterior á Idade Contemporánea, que comprende dende o século XV ata finais do século XVIII.

Antigo Réxime.-

 É o sistema económico, político e cultural ao que estiveran sometidos a maior parte dos países de Europa entre os séculos XVII e XVIII.

As súas características máis destacadas eran a monarquía absoluta, a intervención na economía, que se baseaba nas actividades agrarias, no comercio e na artesanía; a sociedade estamental e o principio de autoridade dos mestres antigos.

Privilexio.-

 Eran aqueles beneficios que posuían os estamentos privilexiados, nobreza e clero, durante o Antigo Réxime, pois naquela época eran superiores aos burgueses e labregos (o terceiro estado).

Estamentos sociais.-

 Son os grupos sociais nos que estaba dividida a sociedade durante o Antigo Réxime. Había estamentos privilexiados e non privilexiados, como explicamos anteriormente, pero tamén se pode dividir en primeiro, segundo e terceiro estado.

 

Monarquía absoluta.-

 Era o sistema político do Antigo Réxime, no cal orei era monarca por dereito divino e podía exercer todos os poderes do Estado. Só Deus podía xulgar os seus actos.

 

Ilustración/ Ilustrados.-

 A Ilustración foi o movemento orixinado en Francia no século XVIII que pretendía "iluminar" ao ser humano co coñecemento e facer desaparecer así o Antigo Réxime. Baseábase en dous piares:

A razón, como instrumento que dirixe todo o coñecemento e facilita a comprensión científica do universo.

- O espírito crítico, que se desenvolve mediante o exercicio darazón e que permite poñer en dúbida o que non se corresponda co entendemento razoado e razoable.

 

 Por oura banda, os ilustrados foron os pensadores da Ilustración, chamados filósofos polos seus contemporáneos. Destacaron os franceses como Voltaire, Montesquieu, Rousseau e Diderot e

D´alembert.

Racionalismo, empirismo, liberalismo.-

 O racionalismo é o uso da razón e o empirismo da experimentación, e ambos eran defendidos polos ilustrados franceses. En canto ao liberalismo, é a

doutrina política, económica e social, nacida a finais do século XVIII, que defiende a liberdade do individuo e unha intervención mínima do estado na vida social e económica.

Ciencia, investigación, método científico.-

A ciencia é a rama de coñecemento humano constituída polo conxunto de coñecementos obxectivos e verificables sobre un tema específico que se obtén a través da observación e experimentación, a explicación dos seus principios e causas ea formulación e verificación de hipóteses e caracterízase, ademais, pola uso dunha metodoloxía adecuada para o obxecto de estudo e sistematización do coñecemento.

 A investigación é o resultado de investigar.

 O método científico é un conxunto de etapas (observación, hipótesis, experimentación, análise de resultados e conclusión), que se utiliza para obter un coñecemento válido dentro da rama científica.

 Estes comezaron e desarrollarse durante a Ilustración.

 Neoclasicismo.-

 É o estila artístico baseado en tratados e regras que intentaban transmitir a renovada forma de pensar.

Constitución dos Estados Unidos

Presidente

Poder executivo

Poder lexislativo

Poder xudicial

-Senado

-Cámara de representante

-Vicepresidente

-Oficina executiva da Presidencia

-Secretaría de Estado

-Tribunal supremo

-Tribunal de apelacións

-Tribunais estatais

bottom of page